O Concello de Amoeiro abre a inscrición para a nova tempada de karate 2026-27

O Concello de Amoeiro abriu o prazo de inscrición para a tempada 26-27 de karate, unha disciplina que promove valores como o respecto, o esforzo e o desenvolvemento persoal. As actividades comezarán no mes de setembro.
A proposta organízase en tres grupos segundo a idade dos participantes. Na categoría infantil trabállase na mellora da confianza e a coordinación, ademais de transmitir valores a través do xogo. O grupo de adolescentes busca incentivar a mellora do corpo e da mente, a seguridade persoal e o desenvolvemento do máximo potencial de cada participante. Pola súa banda, no grupo de adultos o enfoque diríxese cara á mellora da saúde, a enerxía e o benestar físico e mental, a calquera idade.
As sesións impártense os martes e xoves na Casa da Cultura de Amoeiro. Para obter máis información ou formalizar a inscrición, pódese contactar no teléfono 625 125 385.