O Concello de Baños de Molgas aposta polo turismo de autocarvanas

OurenseXa
O Concello de Baños de Molgas aposta polas autocaravanas co obxectivo de converterse nun punto de referencia para este tipo de turismo
baños_de_molgas_autocaravanas
O alcalde de Baños de Molgas, Manuel Fernández Movilla, nun encontro coa Asociación Galega de Autocaravanas
18 mar 2024
O alcalde de Baños de Molgas, Manuel Fernández Movilla, reuniuse esta fin de semana coa Asociación Galega de Autocaravanas co interese de amosarlles un novo espazo para crear unha área de autocaravanas que sumarase á inaugurada fai xa tres anos.
O Concello de Baños de Molgas aposta polas autocaravanas co obxectivo de converterse nun punto de referencia para este tipo de turismo.
Actualmente, o concello conta cunha área específica para o estacionamento de autocaravanas que conta cun total de sete prazas e que esta completamente acondicionada para a comodidade dos seus usuarios.