O Concello de Barbadás conmemora o Día Mundial do Neno e da Nena
OurenseXa
O alumnado de 6º de primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro participou esta mañá nun acto para conmemorar o Día do Neno e da Nena
Barbadás festexa o Dia Munidal do Neno e da Nena
15 Apr 2024
Hoxe, 15 de abril, celébrase o Día Mundial do Neno e da Nena. A data conmemora a adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Dende o Concello de Barbadás lembran que estos documentos definen os dereitos de saúde, educación, vida familiar e protección fronte á violencia e a discriminación dos máis pequenos, polo que quixeron celebrar este día cos alumnos do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro, que visitaron esta mañá o salón de plenos do concello.
Durante a visita, os rapaces e as rapazas leeron os manifestos, elaborados por eles mesmos, en favor do benestar da infancia.