O Concello de Barbadás mellorará a seguridade na Rúa Calzada Romana

OurenseXa
A actuación consiste na colocación de novas baldosas e unha varanda nas zonas de maior altura e que poden resultar perigosas e contará cun orzamento de 70.000 euros
barbadas-calzada
Calzada Romana de Barbadás
8 may 2024

Evitar os accidentes na  Rúa Calzada Romana é o obxectivo que levou ao Concello de Barbadás a elaborar un proxecto que mellorará a seguridade coa colocación de novas baldosas e unha varanda nas zonas de maior altura e que poden resultar perigosas. A beirarrúa desta vía, na súa separación co río Barbadás e as fincas existentes, atópase sen rematar en moitos tramos. Nalgúns puntos os cortes son abruptos e a falta de varanda pon en risco aos peóns, xa que a altura pode superar o metro e medio, polo que se levará a cabo a súa reforma cun orzamento de 70.000 euros.

No proxecto tamén se inclúe a limpeza e roza do camiño que comunica a Rúa Calzada Romana coa rúa Porto do Río, co fin de facer un novo e facilitar a accesibilidade. Realizarase tamén pendentes para as persoas con mobilidade reducida.

Tal e como se reflexa no proxecto, estas serán as obras que se levarán a cabo na vía:

  • Construción de beirarrúas nos tramos nos que non existen.
  • Colocación de baldosas e instalación de elementos necesarios tendo en conta os pasos a camiños e a adecuación de pendentes á normativa. Reformaranse os tramos deteriorados.
  • Limpeza con auga a presión das baldosas existentes e limpeza da vexetación ao longo de toda a beirarrúa.
  • Construción dun camiño, previa limpeza e roza.
  • Colocación de varandas na parte da marxe dereita do río Barbadás. Estará formada por postes verticais cadrados de aceiro.

A superficie de actuación na que se colocarán as novas baldosas é de case 500 metros cadrados. O novo camiño que se habilitará terá unha lonxitude de 157 metros cadrados e a colocación da varanda realizaranse ao longo de case 300 metros.