O Concello de Barbadás organiza un curso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación organiza novamente, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, un programa de aprendizaxe en novas tecnoloxías para persoas maiores.
O programa Expertclick ofrecerá formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos. Nestes cursos , as persoas participantes aprenderán a navegar "con seguridade e confianza" por Internet , facer xestións de banca online, pedir unha cita médica, comprar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na rede. Este programa ten como obxectivo aumentar a súa independencia e autonomía persoal.
O curso levarase a cabo entre o 3 e o 5 de xuño no Local Social Asociación de Veciños de Barbadás.