O Concello de Barbadás organiza un curso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos

OurenseXa
O curso levarase a cabo entre o 3 e o 5 de xuño no Local Social Asociación de Veciños de Barbadás
concello_barbadas_recurso
Casa do Concello de Barbadás
26 Maio 2024

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación organiza novamente, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, un programa de aprendizaxe en novas tecnoloxías para persoas maiores.

O programa Expertclick ofrecerá formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos. Nestes cursos , as persoas participantes aprenderán a navegar "con seguridade e confianza" por Internet , facer xestións de banca online, pedir unha cita médica, comprar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na rede. Este programa ten como obxectivo aumentar a súa independencia e autonomía persoal.

O curso levarase a cabo entre o 3 e o 5 de xuño no Local Social Asociación de Veciños de Barbadás.

0.19505190849304