O Concello de Celanova aborda vías colaboración coa Xunta para mellorar infraestruturas rurais

OurenseXa
Desde 2020 o concello recibiu arredor de 289.000 euros de apoio para mellorar camiños rurais
reunion-xunta-celanova
6 May 2026

A Xunta de Galicia e o Concello de Celanova mantiveron unha reunión de traballo en Santiago de Compostela para analizar novas vías de colaboración centradas na mellora das infraestruturas rurais do municipio.

No encontro participaron a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, xunto co alcalde de Celanova, Antonio Puga. A xuntanza serviu para repasar as actuacións realizadas nos últimos anos e estudar futuras intervencións.

Segundo os datos achegados, desde 2020 o concello recibiu arredor de 289.000 euros de apoio para mellorar camiños rurais. Ademais, no marco do Plan Camiña Rural 2025-2026, aprobouse unha nova achega superior aos 63.000 euros destinada a actuacións en vías de titularidade municipal.

Estas actuacións buscan mellorar a conectividade do territorio e contribuír á dinamización social e económica das zonas rurais.

0.13456416130066