O Concello de Coles instala un banco coa bandeira LGTBI na praza do consistorio

O Concello de Coles vén de instalar un banco decorado coa bandeira LGTBI na praza do consistorio, unha actuación coa que o municipio quere visibilizar o seu compromiso coa diversidade e coa igualdade.
A instalación foi presentada como un elemento simbólico que busca representar unha vila “cada vez máis colorida e diversa”, segundo destacan desde o propio Concello.
Baixo a mensaxe de “orgullosamente libres”, a actuación enmárcase nunha reivindicación a favor dunha sociedade na que todas as persoas poidan vivir con liberdade, dignidade e orgullo.