O Concello de Ourense colaborará coas Festas de Cabeza de Vaca

OurenseXa
O Concello sufragará a verbena da xornada do venres, que protagonizará o grupo ourensán Horizon The Show, mentres que o alcalde de Ourense será o encargado de ler o pregón
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
10 Xul 2024

O Concello de Ourense colabora nas festas da localidade ourensá de Cabeza de Vaca, que se desenvolverán durante as xornadas de mañá, xoves, día 11 de xullo, e pasado mañá, venres, día 12, na honra a San Benito. O Concello sufragará a verbena da xornada do venres, que protagonizará o grupo ourensán Horizon The Show. Ademais, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome lerá o pregón desta tradicional celebración, mañá, xoves, ás 22.00 horas.

A programación de actividades das festas comezará mañá con pasarrúas, procesión e sesión vermú, a cargo da Charanga Big Band. Ás 12.30 horas será a misa cantada e ás 17.00 horas o campionato de tute. Ás 22.00 horas será o pregón do alcalde e, a continuación, a verbena a cargo da orquestra América SL e a actuación da discomóbil Gramola.

O venres, 12, haberá misa ás 12.30 horas, e un campionato de chave ás 18.00 h para rematar a programación coa festa e verbena a cargo do grupo Horizon The Show. Fundado en 2023, está formado por 15 integrantes, con 5 cantantes femininas e 3 voces masculinas. Co lema “a unión fai a festa”, a formación ourensá defínese nas súas redes sociais como “a orquestra máis xove e dinámica de todos os tempos”

Cartel_Festas_Cabeza_de_Vaca
0.19951009750366