O Concello de Ourense defende a mobilidade vertical nunha xornada do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

OurenseXa
O alcalde salientou o “éxito” de proxectos  que cualificou de “emblemáticos”, como as ramplas da rúa Concordia ou o ascensor de Cruz Alta, infraestruturas que, sinalan, dan servizo a miles de veciños
jacome-xornada-mobilidade-vertical
14 May 2026

O Concello de Ourense defendeu a posición “pioneira” da cidade en materia de accesibilidade e deseño urbano durante a 'Xornada sobre Mobilidade Urbana Vertical”, un encontro organizado conxuntamente polo Concello e a Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

A inauguración oficial contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Patrimonio e Medio Ambiente, Francisco Lorenzo López, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, Enrique Urcola Fernández-Miranda.

O alcalde defendeu o “éxito” de proxectos  que cualificou de “emblemáticos”, como as ramplas da rúa Concordia ou o ascensor de Cruz Alta, infraestruturas que, sinalan, dan servizo a miles de veciños. O rexedor explicou como estas solucións, adaptadas á particular orografía da cidade, non só facilitan o tránsito, senón que promoven hábitos de vida máis saudables. “Os elementos de mobilidade vertical fan que a xente camiñe máis, deixando o coche na casa ao atopar facilidades para superar os desniveis”, salientou Pérez Jacome, que celebrou o “papel fundamental” das empresas e enxeñerías galegas na materialización destes ambiciosos proxectos.

Pola súa banda, Francisco Lorenzo López defendeu o traballo levado a cabo en materia de mobilidade vertical nos últimos anos, asegurando que  “n cinco anos conseguimos converter a Ourense nunha referencia a nivel nacional”.

0.133455991745