O Concello de Ourense iniciará en 2025 unha campaña de reposición do arborado da cidade
OurenseXa
En total, o Concello adquiriu 317 novas árbores que xa se atopan no viveiro municipal

Viveiro Municipal de Ourense
12 Dec 2024
O Concello de Ourense adquiriu novas unidades de árbores que se colocarán en diferentes rúas da cidade. A súa finalidade é repoñer o arborado viario correspondente a faltas, ocos, roturas e mortes detectados en diferentes puntos durante o período 2020/2024.
Son, en total, 317 unidades que xa se atopan no viveiro municipal. Durante os cen primeiros días do ano 2025 realizaranse os traballos de plantación correspondentes nos cinco distritos da cidade:
- Distrito 1: Centro, As Lagoas
- Distrito 2: Campus, Buenos Aires, A Milagrosa
- Distrito 3: Vista Fermosa, O Couto, A Carballeira
- Distrito 4: Mariñamansa, A Cuña, A Farixa, O Polvorín, Posío
- Distrito 5: A Ponte