O Concello de Ourense recibiu á rapazada das Escolas Deportivas Artai
OurenseXa
A escola de artes marciais que dirixe Aaron Blanco conta na actualidade con 200 deportistas federados
O alcalde de Ourense recibe á rapazada das Escolas Deportivas Artai
12 Jul 2024
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron no salón de plenos as Escolas Deportivas Artai, a cuxos integrantes felicitaron polos sensacionais resultados acadados durante a temporada 2023/2024, na que as e os deportistas do club ourensán acadaron logros tan destacados como unha medalla de ouro, outra de prata e 2 de bronce nos campionatos de Europa deste ano. A escola de artes marciais que dirixe Aaron Blanco conta na actualidade con 200 deportistas federados.