O Concello de Ourense remitiralle esta semana á Xunta de Galicia o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

OurenseXa
O expediente trasládase á Xunta de Galicia para que emita o seu informe, fase previa á súa presentación ante o Pleno do Concello
Concello de Ourense
2 Oct 2024

O Concello de Ourense remitiralle esta semana á Xunta de Galicia o Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa finalidade de avanzar na tramitación do documento urbanístico.

O expediente, xa informado pola asesoría xurídica e a intervención municipal, trasládase á Xunta de Galicia para que emita o seu informe, fase previa á súa presentación ante o Pleno do Concello, que é o órgano competente para a súa aprobación definitiva.

0.17454600334167