O Concello de Ourense retomará en outubro o Programa Nexos

OurenseXa
O programa ten por finalidade achegar un espazo para as mulleres en situación de vulnerabilidade de forma que actúe como nexo de unión entre elas e o contorno social máis próximo
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
18 sep 2024

O Concello de Ourense retomará no mes de outubro o Programa Nexos, de intervención con mulleres en situación de vulnerabilidade e violencia de xénero. Este programa leva anos realizándose na Concellaría de Igualdade-CIMM e ten por finalidade achegar un espazo para as mulleres de forma que actúe como nexo de unión entre elas e o contorno social máis próximo, incidindo naquelas áreas deficitarias a nivel persoal, familiar e social para poder axustar mellor a súa situación e prestarlles así un servizo máis particular, eficaz, eficiente e de calidade.

“Entre as temáticas máis traballadas - explican desde a Concellería de Igualdade- están as relacionadas coa violencia de xénero, coa vivencia da muller que imos sendo coas nosas circunstancias, coa comunicación e resolución de conflitos, etc. Para iso contamos, a maiores, coa colaboración de profesionais externas, especialistas en Terapia do reencontro, de Traballo corporal e de Técnicas de relaxación, entre outras”.

O programa esténdese desde o mes de outubro ata mediados de xuño, realizando 3 sesións mensuais, os xoves, de 10.00 a 13.00 horas. O número máximo de participantes por grupo é de 15 mulleres.

0.110759973526