O Concello de Pereiro de Aguiar renova a iluminación de Lamela cun investimento de 50.000 euros financiado pola Deputación

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actuación permitirá substituír os puntos de luz existentes por luminarias LED para mellorar a eficiencia enerxética, reducir o consumo eléctrico e modernizar o servizo de iluminación pública
casa-do-concello-pereiro-de-aguiar
3 Aug 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar continúa coa mellora dos servizos públicos mediante a renovación da iluminación na localidade de Lamela, onde está a substituír os puntos de luz existentes por novas luminarias con tecnoloxía LED.

A intervención ten como obxectivo incrementar a eficiencia enerxética da rede de iluminación pública, reducir o consumo eléctrico e dotar a este núcleo dunha iluminación máis moderna e sostible.

A actuación está promovida polo Concello do Pereiro de Aguiar e conta co financiamento da Deputación de Ourense. O investimento destinado a esta mellora ascende a 50.000 euros.

0.13434505462646