O Concello de San Cibrao das Viñas pide a ADIF a limpeza das marxes da vía tras un incendio en Castroverde

O lume, rexistrado este luns ao mediodía pola caída dunha árbore xunto á liña ferroviaria, quedou controlado
incendio-castroverde-san-cibrao-das-viñas
23 Jun 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas solicitou a ADIF actuacións de limpeza nas marxes da vía do tren tras o incendio rexistrado este luns na aldea de Castroverde.

Segundo informou o propio Concello, o lume produciuse arredor das 13:00 horas e tivo a súa orixe na caída dunha árbore nas inmediacións da infraestrutura ferroviaria ao seu paso por esta localidade. A situación atópase xa controlada.

Desde a administración local sinalan que esta petición busca evitar episodios similares aos rexistrados durante o pasado verán, reforzando así as medidas preventivas nas zonas próximas á vía.

O Concello tamén fixo un chamamento á colaboración da veciñanza e lembrou a importancia de comunicar con rapidez calquera indicio ou inicio de incendio a través do teléfono de emerxencias 085. Desde o goberno local subliñan que a prevención e a resposta inmediata son elementos fundamentais para minimizar riscos e evitar danos maiores.

0.083763837814331