O Concello de Verea impulsa un campamento de verán para facilitar a conciliación durante xullo e agosto

O Concello de Verea organiza un campamento de verán que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto, cun programa de actividades pensado para o lecer dos máis pequenos e pequenas e para facilitar a conciliación das familias durante o período estival.
Entre as propostas incluídas na iniciativa haberá xogos, manualidades, excursións e outras actividades lúdicas adaptadas ás distintas idades dos participantes.
O campamento está dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade e ten como obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións de verán.
As persoas interesadas en participar poderán inscribir aos seus fillos e fillas no Concello de Verea ou a través do teléfono 988 433 060.