O coruñés Álvaro Muñiz proclámase gañador do 59º Rally de Ourense

GaliciaXa | ACoruñaXa | OurenseXa
O podio completouse con ‘Cohete’ Suárez no segundo posto e Pepe López no terceiro
rally-ourense
13 Jun 2026

O coruñés Álvaro Muñiz proclamouse este sábado vencedor do 59º Rally de Ourense, logrando así a súa primeira vitoria nesta proba, nunha edición marcada pola igualdade e a esixencia do percorrido.

O segundo posto foi para José Antonio ‘Cohete’ Suárez, mentres que o terceiro caeu en mans de Pepe López, completando un podio moi disputado.

A competición contou con preto de 150 quilómetros cronometrados, repartidos en seis tramos que se realizaron a dobre pasada. O itinerario atravesou os concellos de Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia e Arnoia, ademais da propia cidade de Ourense.

Esta edición estivo condicionada pola ausencia do gañador do ano pasado, Javier Pardo, quen viuse obrigado a retirarse tras un aparatoso accidente no shakedown inaugural celebrado no Pereiro de Aguiar, na xornada do venres.

0.12689900398254