O deporte local protagonizou unha activa fin de semana en Baños de Molgas

Baños de Molgas viviu unha fin de semana marcada pola actividade deportiva e a participación veciñal, cun programa que combinou exercicio físico, deporte federado e apoio ao deporte local.
A mañá comezou con moita enerxía cunha sesión de zumba que reuniu a numerosos participantes e xerou un gran ambiente, converténdose nun punto de encontro para a actividade física e o lecer.
Xa pola tarde, no Polideportivo Municipal, o equipo Basket Molgas Veteráns conseguiu a vitoria no seu encontro, sumando un novo triunfo para o deporte local. Pola súa banda, a A.D.F. Molgas tamén logrou un resultado positivo no seu partido disputado na Chaira, quedando os tres puntos na casa.
Desde o Concello destácase a importancia de seguir apostando e apoiando o deporte local como parte fundamental da vida municipal, fomentando a participación cidadá en todas as disciplinas e actividades deportivas.