O equipo de traballo do Centro Especial de Emprego Aspamadis acondiciona o Campo do Souto de Amoeiro

OurenseXa
Ambos organismos veñen colaborando máis dunha década dando visibilidade ás capacidades laborais e á solvencia técnica dos profesionais do centro, ao tempo que contribúen á mellora dos espazos públicos
campo-do-souto-amoeiro
24 Apr 2026

O equipo de traballo do Centro Especial de Emprego Aspamadis regresou ao municipio de Amoeiro para levar a cabo tarefas de acondicionamento no Campo do Souto. Esta colaboración entre o Concello e Aspamadis mantense desde hai unha década e baséase no desempeño profesional e no rigor técnico en cada unha das intervencións realizadas.

Estas actuacións, destacan desde o Concello, permiten, ademais, dar visibilidade ás capacidades laborais e á solvencia técnica dos profesionais do centro, ao tempo que contribúen á mellora do espazo público. Ademais, poñen en valor a confianza depositada neste modelo de economía social, que da prioridade á integración e o valor humano como eixos fundamentais.

Este tipo de proxectos, explican, teñen como obxectivo favorecer unha comunidade máis inclusiva, promovendo a equidade e a profesionalidade no desenvolvemento das tarefas realizadas no municipio.

0.13681483268738