O equipo feminino Sanysec-Ourense recibe a homenaxe da Deputación tras o seu ascenso á División de Honra

OurenseXa
Luis Menor destacou o logro acadado polas atletas, que devolven o atletismo ourensán á máxima categoría estatal dúas décadas despois
recepcion-sanysec-ourense
17 Jun 2026

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu este mércores no Pazo Provincial ao equipo feminino Sanysec-Ourense despois de conseguir un ascenso histórico á División de Honra do atletismo español.

Durante o encontro institucional, o responsable provincial trasladou os seus parabéns ás deportistas polo resultado acadado nunha tempada que cualificou de extraordinaria e destacou a relevancia dun éxito que, segundo sinalou, permite situar novamente ao “atletismo ourensán na elite estatal”.

Menor tamén puxo en valor a evolución experimentada polo conxunto nos últimos anos, ao lembrar que a formación conseguiu pasar en apenas dúas tempadas da Segunda División á categoría máis alta do atletismo nacional.

Desde a Deputación destacaron igualmente o traballo realizado polo equipo, así como o esforzo e a dedicación das súas integrantes, nunha traxectoria que permite recuperar a presenza de Ourense na máxima categoría vinte anos despois da súa última participación.

A recepción serviu ademais como recoñecemento institucional a un logro deportivo considerado histórico para o atletismo provincial.

0.14930391311646