O espectáculo de Fogos Artifiais das Festas de Ourense provocará importantes cortes e restricións de tráfico este domingo

O espectáculo de fogos artificiais incluído na programación das Festas de Ourense provocará diferentes cortes e restricións de tráfico este domingo 21 de xuño, segundo o dispositivo especial deseñado pola Policía Local.
As medidas comezarán xa durante a mañá coa instalación da infraestrutura necesaria para a montaxe da pirotecnia. Neste sentido, a Ponte do Milenio quedará pechada ao tráfico no sentido cara ao barrio da Ponte a partir das 7.00 horas. Posteriormente, desde as 23.00 horas, a ponte permanecerá cortada á circulación nos dous sentidos.
As restricións ampliaranse a partir das 23.45 horas a outros puntos da cidade. Así, pecharase ao tráfico a rotonda do acceso ao centro desde a N-120, na A-52 en dirección ao centro urbano. Os vehículos que accedan desde a rúa Castro Canseco serán desviados pola rúa Bispo Lourenzo.
Tamén se verá afectada a Nacional 120 á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, onde o tráfico será desviado por Díaz de la Banda.
Ademais, o dispositivo contempla o peche da Ponte Ribeiriño desde a glorieta con Basilio Álvarez e tamén no acceso á zona de Ervedelo.
Estas medidas forman parte do operativo establecido para garantir a seguridade durante o desenvolvemento do espectáculo pirotécnico das festas.