O Festival Ou Yeah! aposta pola gastronomía ourensá reforzando súa oferta culinaria da man de Cociña Ourens

OurenseXa
A proposta combinará música e produto local en distintos recintos e pon o foco na sustentabilidade e na promoción da horta e a gandería da provincia
cociña-ourense-ou-yeah
19 May 2026

O Festival Ou Yeah! reforza a súa aposta por ir máis alá da música e incorporar a gastronomía local como parte central da súa proposta cultural. Nesta edición, o evento contará coa colaboración do colectivo Cociña Ourense, que será o encargado de articular unha oferta culinaria vinculada ás citas musicais previstas para 2026.

A organización destaca que a intención é superar o concepto habitual de “comida de festival” e apostar por unha proposta baseada no produto de proximidade e na identidade gastronómica da provincia. Segundo trasladan desde o colectivo, participar no evento supón unha oportunidade para unir cociña e música nun mesmo espazo: “Facer o que máis nos gusta e ademais nun festival de rock na nosa provincia… que máis se pode pedir?”. Engaden tamén que esta colaboración permite “integrar gastronomía con cultura e poder dar visibilidade ao noso produto”.

O festival está promovido por Escena Sonora e Thinking Up Events, co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia no marco de Concertos do Xacobeo, ademais da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

Baixo o lema de levar “Ourense no prato e o rock no escenario”, a proposta gastronómica desenvolverase nos distintos espazos do festival, como Expourense, O Carballiño e o Pazo dos Deportes Paco Paz. Nestes recintos, chefs da provincia ofrecerán elaboracións específicas adaptadas ao formato do evento, combinando propostas máis elaboradas con outras pensadas para o consumo nun contexto festivo.

Desde Cociña Ourense explican que a iniciativa busca ofrecer variedade ao público ao longo das distintas citas: garantir que quen asista a varios concertos poida atopar “cousiñas diferentes en cada festival”. Tamén destacan a conexión entre música e gastronomía, sinalando que “o rock é tan amplo que che dá momentos picantes, doces, ácedos e salgados, como a vida e a cociña”.

Os cociñeiros implicados participarán de forma activa nos recintos e compartirán espazo co público, nunha dinámica na que se busca proximidade e interacción durante o desenvolvemento dos eventos.

A sustentabilidade e a posta en valor do produto local serán outro dos eixos da proposta. O colectivo subliña a importancia de visibilizar os produtores da provincia e converter o festival nun escaparate da súa actividade. “Para nós, os produtores locais son a nosa forma de existir; a nosa loita é darlles visibilización e apoialos en todo o que poidamos”, sinalan.

A oferta gastronómica incluirá produtos representativos de Ourense, como a castaña, carnes de razas autóctonas e os pans de Cea, que nesta ocasión contarán con reinterpretacións adaptadas ao formato do festival.
O colectivo defende que esta posta en valor da despensa local responde tamén a unha filosofía de identidade territorial: “Cada territorio ten as súas características propias”,

0.13531184196472