O Goberno anima aos Concellos a participar activamente activamente no despregue do Plan Único

OurenseXa
Na última convocatoria do Plan Único na provincia de Ourense aprobada no 2023 mobilizaranse 2.802.634 € nos 92 concellos da provincia chegando aos 2.000 núcleos de poboación
Emilio_Gonzalez_Ourense_Plan_Unico
O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, nun encontro con alcaldes de concellos da provincia de Ourense
27 feb 2024

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González animou aos representantes dos concellos ourensáns a “participar activamente e colaborar no despregue e implantación do Plan Único de Fibra Óptica”. Fíxoo durante un encontro con alcaldes, alcaldesas e representantes institucionais da comarca de O Ribeiro onde tamén lles trasladou o programa formativo para técnicos que se están organizando e impartindo dende SETELECO coa colaboración de TRAGSA, chamados “Despliegue de redes e instalacións de telecomunicacións” orientados a técnicos das entidades locais e que forman parte do impulso do Goberno en reto demográfico e transformación dixital.

Durante o encontro, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Melón e no que estiveron presentes representantes dos concellos de Arnoia, Avión, Castrelo de Miño, Leiro, Melón, Cortegada, Ribadavia, Carballeda de Avia, Beade e Cenlle, Emilio González puxo de relevo a “gran implicación do Goberno coa implantación da banda ancha onde nos últimos 3 anos en concellos como Arnoia, Beade, Melón ou a capitalidade da comarca en Ribadavia, pasaron de non ter banda ancha a que case o 100% da poboación poida desfrutar da alta velocidade supoñendo unha mellora económica e social para a dinamización de O Ribeiro.

Na última convocatoria do Plan Unico na provincia de Ourense aprobada no 2023 mobilizaranse 2.802.634 € nos 92 concellos da provincia chegando aos 2.000 núcleos de poboación.

Emilio González puxo á Comarca coma exemplo da aposta do Goberno polos pequenos concellos, “que están chamados a ser protagonistas da transformación de España cara un país verde, dixital, sostible e cohesionado, para acadar os obxectivos do reto demográfico” permitindo que actualmente máis de 2.500 veciños e veciñas teñan facilidade nos seus servizos. O Plan Único está supoñendo un “despegue máis cara a alta velocidade” na provincia de Ourense, indicou o subdelegado.

O Concello de Toén é pioneiro na implantanción do Plan Unico Demanda Rural coa maior taxa de implantación da provincia de Ourense permitindo conexión por satélite nas “zonas escuras e remotas”

O Subdelegado do Goberno destacou a convocatoria do Plan Único Demanda Rural que xa é un feito palpable na provincia de Ourense onde o concello de Toén é pioneiro na súa implantación co maior número de altas, seguido de Castro Caldelas e Castrelo de Miño.

Este programa permite aumentar a cobertura nas zonas remotas e rurais nas que polo de agora non chega a conexión mediante fibra, ”incidindo na democratización e ruptura da fenda dixital”. Ademais, o subdelegado puxo de manifesto o “compromiso do Goberno coa alta velocidade aumentando a velocidade do servizo de 100 Mbp a 200Mps mellorando a calidade do servizo e a media europea de conectividade en 35 puntos”.

Esta actuación está especialmente deseñada para as zonas rurais máis remotas e pouco poboadas, para poder ofrecer conectividade fixa para calquera actividade e facelo cun prezo accesible para todos os bolsillos, subvencionando o prezo pechado de 35 euros ao mes e axudas de ata 600 euros para a instalación.

Este programa é posible grazas á tecnoloxía satelital adxudicada a Hispasat polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e que permitirá acceder a alta velocidade en territorios remotos. Emilio González sinalou que se trata dunha “moi boa nova para unha provincia cunha extensión territorial e montañosa como a de Ourense”.

O subdelegado destaca que alcanzar a cobertura de banda ancha para o 100 por 100 da poboación é un dos obxectivos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e da Axenda España Dixital 2026.