O Goberno formaliza as obras de saneamento e a EDAR de San Cibrao das Viñas cun investimento de 31 millóns

GaliciaXa | OurenseXa
A actuación permitirá mellorar a rede de colectores e a depuradora do municipio para reducir os vertidos ao río Barbaña
edar-san-cibrao-das-viñas-rio
3 Jun 2026

O Goberno de España, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), formalizou o contrato para a execución das obras de mellora do saneamento e da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense.

O acordo, asinado o pasado 27 de maio coa UTE EDAR San Cibrao, integrada polas empresas Extraco e Espina Obras Hidráulicas, permitirá desenvolver un proxecto destinado a reducir os vertidos recorrentes ao río Barbaña e a modernizar as infraestruturas de saneamento do municipio.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, destacou a complexidade técnica da actuación e a súa tramitación prolongada no tempo. Neste sentido, explicou que “este proyecto de gran complejidad técnica, por ubicación y características, que se impulsa y se materializa por el empeño del Ejecutivo actual, es de sobra conocido que sufrió distintas vicisitudes hasta su redacción definitiva; pero la fundamental a destacar se produjo en el año 2020, que, a solicitud del anterior alcalde, hubo que proceder al cambio de ubicación de la Edar lo que supuso un nuevo inicio de la redacción del proyecto, replanteamiento de las distintas infraestructuras, revisión de terrenos a expropiar, entre otros inconvenientes que no hicieron otra cosa que retrasar el procedimiento”.

Quiroga tamén se referiu ao debate político arredor desta actuación e criticou as valoracións realizadas desde o Partido Popular, sinalando que “Es difícil de entender, tal y como ha salido en algún medio de comunicación, que el diputado del PP, Celso Delgado, lejos de alegrarse por la noticia que afecta a la buena marcha de la provincia, haga un flaco argumento de esta formalización; teniendo en cuenta que estamos ante un proyecto que se inició en 2015, sin avances durante el mandato popular...”.

O proxecto contempla a mellora do sistema de saneamento da contorna do municipio de San Cibrao das Viñas e dos seus polígonos industriais, con actuacións tanto na rede de colectores de pluviais e residuais como na remodelación integral da estación depuradora.

O investimento previsto ascende a 31 millóns de euros e supón unha das actuacións hidráulicas de maior envergadura na zona, orientada a mellorar o tratamento das augas e a protección ambiental do río Barbaña.

0.12177896499634