O I Rallysprint Val de Ramirás reuniu este sábado a decenas de afeccionados ao motor

OurenseXa
A proba serviu para poñer en valor o patrimonio cultural do Val de Ramirás
Entrega de premios do I Rallysprint Val de Ramirás
30 sep 2024

Ramirás acolleu esta fin de semana o primeiro I Rallysprint Val de Ramirás, unha proba deportiva na que participaron decenas de afeccionados ao motor e que serviu para poñer en valor o patrimonio cultural do Val de Ramirás.

Na entrega de premios estiveron presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, e a alcaldesa de Ramirás Isabel Gil Álvarez, quen puxo en valor a importancia deste acontecemento deportivo do motor  que “non é só un espectáculo é un evento que permite poñer en Valor o Concello de Ramirás, os roteiros, as áreas recreativas , os miradoiros , os seus mosteiro, Igrexas e capelas , cruceiros, a  Eira dos canastr, os petos de ánimas, os ríos e parques e, en definitiva, o Val de Ramirás”.

Destacou ademais que “para o Concello é importante toda actividade que permita a visita de participantes e afeccionados para que gocen da calidade de eventos como este así como dos nosos recursos en aloxamento, comercio e gastronomía”.

Ademais, a alcaldesa destacou a importancia que ten para deporte o apoio das empresas é das institucións públicas. “A colaboración entre o público e ó privado fai que se cree , cultura deportiva e poidan xurdir eventos con arraigo e historia”, sinalou.

0.090112924575806