O Ourense CF ascende a Primeira RFEF

OurenseXa
Os ourensáns impuxéronse cun 2-0 fronte ao Real Oviedo Vetusta, o que supón o seu ascenso a Primera Federación
ourense-cf
Ourense CF
28 abr 2024

O Ourense CF xogábase moito este domingo. As 12.00 da mañá arrancaba en Oira un encontro no que os ourensáns debíanse impoñer ao seu rival, o Real Oviedo Vetusta, para asegurarse o ascenso a Primeira RFEF. Finalmente, tras un 2-0, o equipo local conseguía o seu esperado ascenso.

O primeiro gol dos ourensáns chegaba xa no minuto seis do partido, da man de Gonzalo di Renzo. Así, os de Rubén Domínguez chegaban ao descanso cunha clara ventaxa, inda que houbo que esperar ata o minuto 60 para que chegara o segundo gol grazas a Jerin Ramos tras un centro de Alberto Gil. O Ourense impúxose ao Vetusta nun partido que estivo claramente dominado polo equipo local, que xa ten asegurado o ascenso a Primeira RFEF.