O Pereiro de Aguiar destina 307.000 euros á rehabilitación do pavillón da Chaira

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Concello resultou beneficiario dunha axuda do Fondo de Cooperación Local da Xunta para actuar sobre as instalacións deportivas municipais
interior-pavillon-a-chaira-pereiro-de-aguiar-pista-balooncesto
7 Oct 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar resultou beneficiario da última convocatoria do Fondo de Cooperación Local (FCL) da Xunta de Galicia, cunha achega de 307.000 euros destinada á mellora das infraestruturas deportivas municipais. Os fondos permitirán financiar a rehabilitación do pavillón deportivo municipal A Chaira, unha actuación coa que o Concello prevé intervir nestas instalacións.

O Fondo de Cooperación Local é unha liña de axudas da Xunta de Galicia destinada ao financiamento de proxectos municipais considerados estratéxicos, neste caso vinculados á mellora das infraestruturas deportivas. Desde o Concello do Pereiro de Aguiar agradecen á Xunta de Galicia o apoio a través deste tipo de convocatorias, que, segundo sinalan, contribúen á mellora dos servizos municipais e ao desenvolvemento territorial equilibrado, sostible e cohesionado.

0.16338109970093