O Pereiro de Aguiar remata as obras de mellora nas pistas deportivas de Vilariño e A Tapada de Bouzas

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os traballos incluíron o acondicionamento das pistas e a substitución de porterías e doutros elementos deportivos para mellorar estes espazos municipais
melloras pistas deportivas Pereiro de Aguiar
Fotos: Concello do Pereiro de Aguiar
6 Nov 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar rematou os traballos de mellora nas pistas deportivas de Vilariño e A Tapada de Bouzas, dentro do seu labor continuado de actualización das instalacións deportivas do municipio.

A actuación consistiu, por unha banda, no acondicionamento xeral das pistas, e pola outra, na renovación das porterías e doutros elementos deportivos presentes nestes recintos, que quedan así en mellores condicións de uso.

Desde o Consistorio sinalan que este tipo de intervencións responden ao obxectivo de poñer á disposición da veciñanza espazos máis axeitados para a práctica deportiva e o lecer, no marco dun traballo de mantemento e mellora que o goberno local mantén de xeito continuado sobre o conxunto das instalacións municipais.

0.16232490539551