O Pereiro de Aguiar renova a sinalización dos accesos ao municipio

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O Concello ourensán instala novos elementos para identificar mellor os accesos e reforzar a imaxe do municipio
sinalización entradas Pereiro de Aguiar
Foto: Concello do Pereiro de Aguiar
30 Oct 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar incorporou novos elementos de sinalización nos accesos ao municipio co obxectivo de facelos máis visibles e identificables para quen chega á localidade.

A actuación busca reforzar a imaxe das entradas ao Concello, dotándoas dunha presentación máis coidada e dunha sinalética que facilite o seu recoñecemento.

Esta iniciativa foi financiada pola Xunta de Galicia, que concedeu unha axuda destinada a este fin por un importe de 29.000 euros.

Desde o goberno local destacan que se trata dun paso máis dentro do seu labor continuado para mellorar as infraestruturas e a imaxe do municipio.

0.1634829044342