O PP de Ourense acusa ao Goberno Municipal de obstruír o labor da oposición
O PP do Concello de Ourense acusa ao Goberno Municipal de obstruír o labor da oposición ante a falta de resposta sobre as cuestión levadas ás xuntas de área do Concello.
“Vamos ás xuntas de área a interesarnos por temas que nos traslada a veciñanza e a maioría das veces volvemos sen resposta, e isto sucede de forma reiterada, mes tras mes” denuncian. “No grupo municipal recibimos todos os días a veciños da cidade que nos trasladan temas que lle preocupan e o que atopamos e ocultismo dun goberno que non sabe por onde anda”.
Desde o PP consideran que actitude do Goberno Municipal é unha “tomadura de pelo”, e poñen de exemplo que, ante a pregunta de fai un mes de que porcentaxe do orzamento foi contratado a través dos contratos menores, a resposta fóra “e demasiado ambiguo para contestar”.
“Demasiado ambiguo”, “a pregunta é moi xenérica” ou “contestarase por escrito” son as respostas que, segundo os populares, leva dando o executivo de Gonzalo Pérez Jácome ante as preguntas da oposición. Din, ademais, que eses escritos nunha chegan. “Ese é o día a día das xuntas de área coas que o goberno municipal nega o dereito á información do resto dos grupos e por tanto, o dereito á información dos ourensáns”.
Por outra banda, o grupo municipal do PP instou a que de forma urxente o Concelleiro de Seguridade Cidadá inicie o procedemento para a instalación dunha marquesiña na rúa Manuel Lago de Covadonga e outra na Rúa Camiño Caneiro cruce con Celso Emilio Ferreiro, isto despois de constatar que o Concello ten cartos para facelo xa que a partida coa que se pagarían esas marquesiñas está intacta desde o inicio do ano e o grupo de goberno conta con 300.000 euros para facelo. Lembran, ademais, que isto xa fora requirido en varias xuntas de área e non foi atendido por parte do Goberno.
O PP denuncia que o Concello continúa sen reabrir a fonte das Burgas
“É inaudito tamén que por culpa da descordinación entre a Concellería de Infraestruturas e a de Termalismo a obra da Piscina das Burgas, que financiou a Xunta de Galicia, sega pechada a día a día de hoxe e descoñecemos cal vai a ser a data de apertura. Unha obra importante para o turismo da nosa cidade, executada, e que pechada, claro exemplo do desgoberno desta cidade”, denuncian desde o PP.
Dimisión de Francisco Lorenzo
Por último, “á vista do recollido no atestado do accidente do Concelleiro Francisco Lorenzo”, os populares ratifícanse no feito de que “o concelleiro de urbanismo non pode estar nin un día máis no seu cargo e ten que presentar a súa dimisión con carácter inmediato, e de non facelo, o Alcalde, por responsabilidade cos ourensáns ten que actuar e cesalo”.