O prazo para anotarse na II Carreira-Andaina Solidaria pola Igualdade de Allariz remata mañá

OurenseXa
A II Carreira-andaina Solidaria pola Igualdade de Allariz celebrarase este domingo 17 de marzo ás 11.30 horas
allariz_carreria_igualdade
Praza Maior de Allariz
14 mar 2024

O Concello de Allariz está a celebrar, dende o pasado 8 de marzo, Día da Muller, XX Xornadas para a igualdade baixo o lema “Polo logrado, polo que queda, pola igualdade”.

Para este domingo, 17 de marzo, esta prevista a celebración da II Carreira-andaina Solidaria pola Igualdade. demais de promover o deporte, esta actividade tamén busca recoller alimentos para Cáritas Allariz. O prazo para anotarse remata mañá, 15 de marzo, ás 14.00 horas, inda que os rezagados tamén poderán formalizar a inscrición o propio día da carreira antes das 11.00 horas da mañá.

A actividade arrancará ás 11.00 horas con saída dende a Praza Maior. Ao rematar a carreira, sobre ás 13.00 horas, tamén na Praza Maior, haberá un concerto de Aldaolado co seu espectáculo “ O Ben-Querer(Se), cheo de poesía, música, risas, amor e reflexións.