O PSOE denuncia que Jácome contratou a unha empresa de aloxamentos turísticos para alugar unha nave para os autobuses
Dende o grupo municipal socialista denuncian que o goberno de Democracia Orensana contrate a unha empresa que se adica a aloxamentos turísticos alugar unha nave na que gardar os novos minibuses e que se trata dunha mostra máIs da improvisación e ausencia de planificación coa que actúan no executivo local.
Neste senso, destacan que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “comezou a casa polo tellado” ao mercar 40 novos vehículos sen ter previsto onde se lles daría acubillo. E critican que o único compromiso real que ten co transporte metropolitano é o de buscar espazo para os autobuses de Ourense nos concellos limítrofes.
Engaden as e os socialistas que parte da nova flota está avariada con menos dun ano de uso, posto que moitos entraron en funcionamento meses despois de seren adquiridos, e pese as promesas realizadas polo rexedor de que Ourense sería a primeira cidade en ter unha flota de vehículos totalmente eléctricos.
A edil do PSdeG recorda que as e os veciños son os que pagan co seu diñeiro os vehículos e que están a recibir un servizo deficiente e caótico que sofre retrasos constantes mentres o alcalde continúa “sen ofrecer solucións” ao respecto.
Ademais, os recentes pregos coñecidos non solventan parte das carencias que presenta o servizo urbano de transportes a xuizo das e dos edís do PSdeG ao non recoller métodos de pago alternativos (como as tarxetas de crédito ou o móbil) tal e como acontece noutras cidades ou a gratuidade que afirmou o rexedor en reiteradas ocasións que se implantaría para toda a cidadanía.