O Salón do Automóbil de Expourense pecha as portas con máis de 9.000 visitas

OurenseXa
A actividade feiral en Expourense continuará no mes de decembro coa celebración da sétima edición de Sportur Galicia
Salón do Automóbill de Expourense, 2024
Salón do Automóbil de Expourense, 2024
25 Nov 2024

O Salón do Automóbil de Expourense consolídase como o momento e lugar preferido polos ourensáns para adquirir un novo coche. Así o demostran os datos de vendas e visitas desta décimoquinta edición que pechou esta tarde en Expourense as portas da súa 15ª edición logo de celebrar a cita adicada ao Vehículo Novo (a pasada semana) e ao Vehículo de Ocasión (cita desta fin de semana). Ambos os dous salóns celebráronse durante 6 xornadas de feira que atraeron ata o recinto de Expourense máis de 9.000 visitas que mercaron un total de 294 coches (114 novos e 180 de ocasión). Os organizadores mostraron a súa satisfacción por estes resultados e indican que esta edición cumpriu ás súas expectativas que pasaban por superar as cifras da última edición (265 coches vendidos e 8.000 visitas). Foi unha cita organizada de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. que contou coa participación de 16 concesionarios que representan a 25 marcas.

A cifra de vendas ascenderá nos vindeiros días, xa que é frecuente que se pechen, durante esta semana e a próxima, operacións comezadas nestes salóns. A esta cifra hai que engadir tamén os 108 coches vendidos durante a última edición do Car Outlet organizada tamén entre Expourense e ACAUTO e celebrada no pasado mes de abril.

Á vista destes datos, o Salón do Automóbil volveu cumprir o seu papel de cita esperada polos expositores, para incrementar as vendas do ano, e tamén polo público que agarda a este salón para mercar o seu novo coches,xa que sabe que no mesmo recinto pode consultar a meirande parte das opcións dispoñibles no mercado. Con estas cifras de vendas contribuirase a reducir a antigüedade do parque móbil de Ourense que, con 17 anos de media, é a máis alta de España.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar oproceso de decisión, a organización volveu poner en marcha o sorteo, entre aqueles que mercaron un automóbil durante o salón, un bono desconto por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de venta dovehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia. A.C.A.U.T.O. realizará esta semana o sorteo ante notario na sede da Confederación Empresarial de Ourense (o martes 26 de novembro ás 12.00 h.) entre as papeletas que cubriron os compradores. A entrega do bono desconto terá lugar o luns 2 de decembro no concesionario que tivera vendida o coche cuxo cupón resulte premiado.

A actividade feiral en Expourense continuará no mes de decembro coa celebración da sétima edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo, e do quinto Congreso Internacional de Turismo e Deporte que terán lugar no recinto feiral os días 12 e 13 de decembro. Estes dous eventos darán paso xa á actividade deportiva na pista curta de atletismo que albergará esta tempada unha vintena de campionatos e competicións entre os que destaca o Campionato de España de Atletismo Sub-16 Short Track que se celebrará entre o 15 e o 16 de marzo de 2025. Mañá luns tamén se retoma a vacinación no recinto.

0.15650391578674