O servizo de axuda no Fogar do Concello de Ourense seguirá en precario
OurenseXa
O Goberno Municipal aprobou en xunta de goberno a prórroga forzosa do contrato

28 Feb 2025
O servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense seguirá en precario polo menos ata o vindeiro mes de abril. Así o acordou a xunta de goberno este xoves, que aprobou a prorroga forzosa do contrato coa empresa concesionaria ata o 30 de abril de 2025. O Concello tería dous meses para a sacar a licitación un novo contrato.
En total, son nove as concesións que están en precario na cidade, incluíndo os autobuses urbanos ou o lixo, cuxas licitacións poderían saír proximamente.