O servizo de transporte urbano de Ourense seguirá en precario
Logo de coñecerse que o Concello de Ourense desiste do procedemento de licitación do transporte urbano “dende o Grupo municipal Socialista lamentamos que o servizo vaia a estar, cando menos, un ano máis en precario”.
“Para que se poida desistir dun contrato, débense de cumprir tres requisitos: primeiro, que este sexa anterior á formalización do contrato, segundo, que se acredite que se produciu unha infracción non subsanable das normas de preparación do contrato ou reguladoras do procedemento de contratación, e, terceiro, que se compense a aquelas empresas que concorreron á licitación, de boa fe, nos gastos que puideran ter incorrido” subliña a edil, María Fernández.
Os pregos da licitación, tal e como se advertía dende o grupo municipal supuñan unha “práctica continuidade do anterior servizo “coas mesmas carencias e os mesmos retos por abordar. Unha oportunidade máis perdida para a mellora real” dun medio de transporte que empregan, segundo osúltimos datos, 5 millóns de viaxeiros anuais na cidade.
Presentadas dúas reclamacións, o Tribunal de contratación as estima parcialmente e o Concello debe devolver os pregos ao departamento de contratación para solventar as eivas detectadas, volvendo a iniciarse o procedemento. “Desistir da licitación implica que cumprirase unha década do servicio en precario e esta precariedade afecta directamente aos veciños e as veciñas da cidade de Ourense”, afirman
A improvisación e o caos son a tónica dominante para as e os socialistas nunha licitación que leva agardando máis de 10 anos e para a que se tivotempo dabondo de elaborar unha mellor planificación. “Despois de que Jácome comezara a casa polo tellado coa adquisición dos novos 40 autobusespor 14 millóns de euros, a día de hoxe segue sen funcionar ao 100% a nova flota de vehículos, moitos deles con avarías, outros como ostrens das termas desaparecidos, sen estacións de recarga por falta de previsión para os novos vehículos eléctricos e pagando do erario público naves de almacenamento externas por ser incapaces de poñelos en circulación nin saber xestionar previamente unhas novas instalacións de carácter municipal”, finalizan.