O Son dos Colleiteiros Festival 2026 pecha a súa edición este sábado en Ribadavia con Comando Coruxás e Os Tarabelos

Ribadavia pon o broche final este sábado á nova edición de O Son dos Colleiteiros Festival, un ciclo de citas veraniegas pensado para gozar de bos viños, música en directo, gastronomía e ambiente festivo. A xornada de clausura, organizada como unha romaría de fin de festival, contará coas actuacións de Comando Coruxás, Os Tarabelos e outros artistas que se sumarán á cita.
Este peche pon fin a unha programación que se desenvolveu ao longo do verán por distintos enclaves da localidade, comezando o 4 de xullo en Casal do Canteiro con Kike Carrera, e continuando con citas como a do 11 de xullo en Casal Bande, con Logan e Dj Loskids; a do 18 de xullo en Pousadoiro, con Soul and Roul; a do 1 de agosto en Celme, con Sabela e Benxa; a do 8 de agosto en Cuñas Davia, con Gabor Grey; e a do 16 de agosto en Arco da Vella, con Os Tarabelos.
O festival conta coa participación de distintas adegas e proxectos vitivinícolas locais, entre eles Casal do Canteiro, Xulia Bande, Pousadoiro, Celme, Adega do Eladio, Microparaxes, Casal de Boas Vides, Mauro Estévez e Adega Soños do Desterro. A iniciativa está organizada coa colaboración do Concello de Ribadavia, a Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal (Colleiteiros) e Ribadavia Turismo.
As entradas para as distintas citas pódense reservar a través da plataforma Ataquilla, e toda a información sobre o festival está dispoñible na web de Colleiteiros.