O Tríatlon Vila de Allariz abre inscricións para a súa XXXIV edición

OurenseXa
A proba deportiva disputarase o 22 de agosto na modalidade sprint e reservará prazas para persoas empadroadas no municipio
triatloon-allariz-cartel-2026
4 Aug 2026

Allariz volverá converterse nun referente do tríatlon galego coa celebración da XXXIV edición do Tríatlon Vila de Allariz, unha cita consolidada no calendario deportivo que reunirá o vindeiro 22 de agosto, a partir das 18.00 horas, a numerosos deportistas na Alameda da vila.

Organizada polo Concello de Allariz en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI), a competición disputarase na modalidade sprint, un formato que combina 750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé, ofrecendo un percorrido esixente pero accesible tanto para deportistas experimentados como para quen busca iniciarse nesta disciplina.

As inscricións permanecerán abertas entre o 1 e o 17 de agosto, ou ata completar as prazas dispoñibles, e deberán formalizarse a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon.

Co obxectivo de fomentar a participación da veciñanza, a organización reservará 25 prazas para persoas empadroadas en Allariz. Os interesados en acceder a esta cota específica deberán solicitala previamente a través do correo electrónico habilitado polo Concello.

Con esta nova edición, Allariz reafirma a súa aposta polo deporte ao aire libre e pola organización de eventos que contribúen a dinamizar a actividade deportiva e a atraer participantes e visitantes ao municipio durante o verán.

PROGRAMACIÓN

0.13342094421387