O Trofeo Germán González de Atletismo celebrou a súa primeira edición cun enorme éxito de participación

OurenseXa
A cita deportiva, organizada con motivo do 35 aniversario da Escola Atlética de Pereiro de Aguiar, reuniu arredor de 500 participantes
trofeo-german-vazquez-ben-cho-shey
20 Apr 2026

Pereiro de Aguiar acolleu este sábado o I Trofeo Germán González de Atletismo, unha cita deportiva que se celebrou nas pistas de atletismo Josefina Salgado, no Complexo Deportivo de Monterrei. A competición naceu co propósito de ampliar a oferta atlética da comarca e, ao mesmo tempo, render homenaxe a unha das figuras máis relevantes do atletismo ourensán: o fundador da Escola Atlética Ben Cho Sey, Germán González.

O I Trofeo Germán González desenvolveuse nunha xornada de éxito que conseguiu reunir arredor de 500 participantes como unha celebración do atletismo de base e do esforzo colectivo.

O encontro quixo recoñecer a traxectoria de Germán González como adestrador e impulsor do atletismo na provincia e, por outra banda, enmarcouse na conmemoración do 35 aniversario da Escola Atlética de Pereiro de Aguiar, entidade da que foi fundador e unha das súas principais figuras dinamizadoras.

0.14963316917419