O verán chega a Baños de Molgas cargado de actividades

OurenseXa
Haberá concertos, festas populares, cine ao aire libre, actividades deportivas e iniciativas para o público familiar
concerto-de-veran-baños-de-molgas
4 Jul 2026

O Concello de Baños de Molgas prepara unha ampla programación de verán para os meses de xuño, xullo e agosto cunha oferta de actividades pensada para atraer tanto á veciñanza como ás persoas visitantes. Música, tradición, deporte, cultura e propostas de lecer forman parte dun calendario que busca converter o municipio nun espazo de encontro durante a tempada estival.

A programación inclúe actividades para diferentes idades e intereses, con obradoiros, actuacións musicais, festas populares, cine ao aire libre, eventos deportivos e outras iniciativas para compartir en familia ou entre amizades.

As actividades previstas para o mes de xullo comezarán este sábado 4 cunha masterclass ao aire libre de zumba e bodybalance, que se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas no Parque Ansuíña. O 11 de xullo celebrarase a Fornada de Betán, unha xornada na que o mercado tradicional abrirá ás 16:00 horas e que incluirá unha degustación de produtos ás 20:00 horas. A programación continuará o 17 de xullo coa actuación de Frik & Paldis – Os Piñeiros, prevista para as 22:00 horas en Miamán. As propostas do mes pecharanse o 29 de xullo coa actuación de Antuan de la Cream, que terá lugar ás 20:00 horas no Parque Ansuíña.

Baixo o lema 'O teu verán en Baños de Molgas. Un verán para todos', o calendario continuará durante o mes de agosto cunha programación variada.

O 1 de agosto celebrarase o Campionato de Billarda A Pitadiña ás 16:00 horas, seguido dunha cea popular ás 21:00 horas no Parque Ansuíña e da actuación de Son do Arnoia ás 22:30 horas. O 3 de agosto, o Parque Ansuíña acollerá ás 20:00 horas o concerto da Escola de Música Tradicional.

Para o 4 de agosto están programadas varias actividades: unha xincana acuática entre as 16:00 e as 18:00 horas na Piscina Municipal, un torneo de cachibol ás 19:00 horas nas pistas e a proxección de 'Rondallas' dentro do ciclo Cine na Rúa, ás 22:30 horas no Parque Infantil. O 5 de agosto, Señor Lili – Lilicleta Discomóbil percorrerá as rúas da vila desde as 20:00 horas.

A programación continuará o 6 de agosto coa actuación da Banda de Ramirás durante a misa e procesión dos Aoeiricos, ás 12:00 horas no Parque Ansuíña. Ao día seguinte, 7 de agosto, a Coral Ansuíña ofrecerá un concerto na Igrexa de San Salvador ás 17:00 horas.

O 8 de agosto terá lugar a XVII Carreira Popular San Salvador, prevista para as 17:30 horas, mentres que ás 20:00 horas actuará a Charanga Bañiños Band. O 9 de agosto, ás 20:00 horas, desenvolverase SOLO2, unha proposta de danza e circo polas rúas de Molgas. O 10 de agosto, ás 22:00 horas, celebrarase en San Pedro a actuación 'Chuches a Mil – Chuches 4 Mil Eléctrico 2026'. A programación continuará o 12 de agosto coa representación 'A Bailar', de AnimAR.T Teatro, ás 20:00 horas no Parque Ansuíña. As actividades previstas pecharanse o 14 de agosto coa actuación do Mago Paco, que presentará 'Hocus Pocus' ás 21:30 horas en Almoite.

0.11577796936035