O xeodestino Allariz-Maceda conta con 21 establecementos adheridos ao programa SICTED

OurenseXa
O SICTED é un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua para xeodestino Allariz
xeodestino_allariz
Allariz recibe o selo SICTED ao compromiso e a calidade turística
5 mar 2024

O Xeodestino Allariz-Maceda conta con 21 establecementos que se adheriron ao programa de calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), dos cales 5 deles son do Concello de Allariz.

O SICTED baséase na conciencia integral de destino e na identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados proporcionando un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino, de maneira que non se aprecien deficiencias de calidade substanciais entre os diferentes produtos (axentes) que compoñen a oferta no destino e, con iso, condicionamentos negativos da percepción e satisfacción dos turistas.

Este certificado, por tanto, é un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua para xeodestino Allariz.