O xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés presenta en Fitur a súa nova proposta turística

OurenseXa
Baixo o nome de “A guía das mouras”, a proposta ofrecerá unha ruta de sendeirismo por cada un dos concellos que integran o xeodestino
presentacioin-celanova-fiitur
Presentación do xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés en Fitur 2025
24 Jan 2025

“A guía das mouras” é a chave que abre as portas turísticas do Geodestino Terras de Celanova – Serra do Xurés. Un territorio no sueste da provincia de Ourense formado polos concellos de: A Bola, A Merca, Barbadás, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobios, Lobeira, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea”, tal e como explicou hoxe en Fitur o presidente do Inorde e deputado de Representacións Institucionais, Rosendo Fernández, quen lembrou tamén a inclusión neste territorio do Parque Natural Baixa Limia– Serra do Xurés, ao que pertencen varios dos concellos do xeodestino.

Esta proposta turística, que continúa, tal e como enfatizou Rosendo Fernández, “na liña dun turismo sostible onde o fío condutor é a multiexperiencia a través do rico patrimonio e a exuberante natureza deste territorio da provincia de Ourense”, ofrece quince variadas aventuras, unha ruta de sendeirismo en cada concello. Protagonistas desta proposta son os ríos Arnoia e Limia, as cumbres das serras do Leboreiro, Silvaescura e Xurés; augas termais; as pegadas do Monasterio de Celanova; as igrexas, capelas, petos de ánimas e cruceiros; “Mouras” rondando os túmulos, castreños dominando as alturas e romanos conquistando os vales, granito transformado en casas, pontes, muíños, hórreos, fosos para lobos... Elementos que conforman, dan sentido e unidade ao paisaxe cultural que percorren estas rutas.

Outro elemento unificador é a famosa Raia Seca, a fronteira montañosa con Portugal. “Aquí xérase unha cultura de fronteiras, a cultura da xente arraiana, con voces propias. Algunhas das rutas presentadas aquí achéganos a esta famosa Raia, levándonos sobre as pegadas dos antigos camiños do contrabando”, explicou Rosendo Fernández.

15 rutas de sendeirismo

Esta guía presenta quince rutas de sendeirismo, unha por cada concello. Así, A Bola ofrece a “ruta inclusiva de Verea Vella”, con as espectaculares vistas desde Penedo de A Bola. No concello de A Merca atópase a “ruta de A Broa”, que segue as pegadas dos antigos fornos e cun destacado protagonismo para Canle do Ruca, unha obra hidráulica de principios do século XX que supón unha das maiores obras de enxeñaría de Galicia. En Bande, a opción é o “Camiño de San Rosendo”, que revive unha vía romana secundaria conectando pequenas aldeas e co importante Castro de Rubiás como punto destacado.

A “Ruta Sobrado-Bentraces-Loiro” é a que ofrece Barbadás, onde destaca a capela de San Xoán en Sobrado do Bispo ou o conxunto de hórreos de Loiro. Cartelle ofrece a “Ruta do Santo”, que bordea o río Arnoia coa intervención artística de Pepe Álvarez, finalizando o percorrido na ermida dedicada a San Bartolomé, patrón das augas. Celanova amosa a “Ruta dos petróglifos de Freixo”, sendeiro que conecta destacados elementos da prehistoria e historia da comarca: os petróglifos de As Barroncadas e o ponte romano de Freixo.

En Entrimo, a proposta é a “Ruta do pan”, que recorre as aldeas de Guxinde e Pereira, atravesando o río Leboreiro, fronteira natural entre Galicia e Portugal. Gomesende ofrece a “Ruta Escudeiros O Val”, que termina e comeza en San Xoán de Escudeiros, cun variado traxecto arredor da Serra do Val. Lobeira inclúe a ruta “Serra Leboreiro e Cabreira”, que parte da aldea de A Fraga, a case 1.000 metros de altitude, e ascende ata a Pía da Moura, unha rocha cunha figura humana tallada. “Ruta Termal” é a proposta de Lobios, conectando a súa capital coa zona termal do Río Caldo, enlazando coa histórica Vía Nova.

Muíños posicionase coa “Ruta Torrente Salgueiro” co protagonismo de Salgueiro, a aldea habitada máis alta da serra (1.100 metros de altitude), abandonada a mediados do século pasado debido á súa dureza e illamento e que hoxe en día é un museo ao aire libre. Padrenda ofrece a súa “Ruta dos muíños do Gorgua”, cuxo percorrido parte da área recreativa de Freáns e transcurre ao longo do río Gorgua, destacando os antigos muíños e o miradoiro de Quinta. Pola súa parte, Quintela de Leirado conta coa súa “Ruta O Miradoiro”, que segue o curso do río Deva ata o ponte de Retortoiro, unha construción de orixe Románica. A ruta ascende ata Penagache, a 1.226 metros de altitude, onde as vistas panorámicas dos vales do Miño, Arnoia e Deva. Ramirás, coa súa “Ruta de As Tres Capelas” (comezando na singular capela de San Xoán de Penosiños, e continuando polas de San Adrián e San Paio dos Pitos); e Verea coa Ruta O Ruxidoiro que transcurre polas carballeiras que rodean o río Ourille, co miradoiro de O Briñal, completan a proposta turística presentada hoxe en Fitur.

0.17981719970703