Os concellos galegos denuncian a carga que supón a prestación de servicios básicos aos centros penitenciarios

ACoruñaXa | OurenseXa
Os concellos de A Lama, Monterroso, Outeiro de Rei, Curtis e Pereiro de Aguiar denuncian que teñen que asumir e soportar o coste de servizos básicos dos cárceres
carceres_ourense_coruña
Encontro entre os alcaldes de A Lama, Monterroso, Outeiro de Rei, Curtis e Pereiro de Aguiar
4 abr 2024

Os cincos alcaldes dos municipios con centros penitenciarios en Galicia, A Lama, Monterroso, Outeiro de Rei, Curtis e Pereiro de Aguiar, mantiveron unha reunión de traballo onde se trataron varios asuntos en relación á afección e incidencia que supón para cada un dos municipios contar cun centro penitenciario.

A maior repercusión e preocupación, aseguran, é o impacto negativo que teñen que soportar cada un dos concellos ao sair mencionados nos medios de comunicación e redes sociais por ser sedes das cárceres donde distintas persoas teñen que cumprir penas de privación da liberdade por diferentess tipos de delitos.

Ademais, engaden que “os concellos que son todos de pequena entidade e con poucos recursos teñen que asumir e soportar o coste de servizos básicos como: mantemento das redes viarias de acceso aos centros, abastecimento de auga, depuración, recollida e xestión de residuos, enseres etc. e atención dende as áreas de servizos sociais”. “Dende a administración local estase a soportar a carga económica que supoñen estes servizos básicos sen recibir da Administración do Estado ningunha compensación económica ao respecto”.

No encontro acordaron solicitar unha audiencia co Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias, Ángel Luis Ortiz para trasladarlle “unha proposta clara e firme en aras de que se inclúa a través do PIE un fondo de aportación a cada un dos concellos como compensación pola prestación de servizos básicos aos centros penitenciarios, do mesmo modo que se fai con outros municipios en relación con outras materias”.

Os alcaldes lembran que estas infraestructuras están exentas de calquera tipo de pago de impostos. “Estamos carentes de financiación e cada día é máis complexo seguir prestando servizos se non se ten en conta a carga económica que temos que soportar”.