Os concellos ourensáns recibiron un millón de euros en axudas para a mellora das infraestructuras municipais

OurenseXa
No caso da provincia de Ourense, foron 32 os municipios que recibiron axudas a través da Orde de infraestruturas de uso público
O delgado da xunta en Ourense, Manuel Pardo, nunha visita n Castro Caldelas
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, nunha visita ao concello de Castro Caldelas
11 Xuño 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o concello de Castro Caldelas para anunciar a concesión de 35.000 euros para a pavimentación da estrada municipal entre Lugar de Arriba - Matacás, (Castro Caldelas) e O Pombar (A Teixeira), e cuxo percorrido é compartido parcialmente por ambos termos municipais.

O delegado territorial da man da alcaldesa, Sara Inés Vega, e do alcalde da Teixeira, Xosé Vázquez, percorreu un treito da estrada, cuxo trazado comparten ámbolos dous concellos, permitindo axilizar as comunicacións, facilitando as transaccións comercial, o tránsito de persoas, e proporcionando un instrumento eficaz para  aproveitar os recursos turísticos da zona, como o Mirador de Matacás.

Manuel Pardo destacou a importancia de apoiar os concellos na mellora das infraestruturas municipais, co obxectivo de garantirlle á veciñanza instalacións accesibles, eficientes e confortables, así como a prestación dos servizos nas mellores condicións para as persoas traballadoras e usuarias. Neste marco de acción, sinalou que a Xunta inviste un ano máis 3,5 millóns de euros a través da Orde de infraestruturas de uso público, unha liña de axudas que beneficiou o pasado ano máis dun cento de administracións locais en toda Galicia. No caso da provincia de Ourense, foron 32 os municipios que recibiron estas axudas cun investimento total de máis de 1 millón de euros.

Ademais da Orde de Infraestruturas, a Administración autonómica tamén apoia as entidades locais con outras axudas como o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento ou Fondo de Cooperación Local. Como novidade este ano, os concellos dispoñen tamén dunha orde plurianual destinada a obras de mellora enerxética, cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder para o período 2024-2025.

A través do conxunto de liñas convocadas en 2023 investíronse 27,2 millóns de euros no impulso a máis de 600 proxectos municipais. A directora xeral enmarcou estes apoios no compromiso do Goberno galego co eido local e, especialmente, coa veciñanza dos concellos de menor poboación para garantir recursos públicos de calidade en todo o territorio.

Reunión co  alcalde de San Xoán de Río

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía na contorna para manter un encontro co alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez Blecua, e coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.

0.16941714286804