Os despidos de sete traballadores de Ilunion en Ourense chegan ao Pleno da Deputación

OurenseXa
Os Grupos provinciais na Deputación de Ourense do PPdeG, PSdeG-PSOE, BNG e D.O. presentarán unha moción para respaldar aos traballadores e evitar o peche desta empresa
protestas_ilunion_ourense
Traballadores de Ilunion manifestante en Ourense contra os despidos do centro de San Cibrao das Viñas
Redacción Ourensexa
25 abr 2024

Os Grupos provinciais na Deputación de Ourense do PPdeG, PSdeG-PSOE, BNG e D.O. levarán a o vindeiro pleno da Deputación o despido de sete traballadores de Ilunion-Once.

Recentemente, Ilunion-Once despediu a estos traballadores e pretende trasladar a outros catro a Ribadavia. Uns despedimentos que consideran inxustos e por detrás dos que se agacha o desmantelamento progresivo do centro especial de emprego de Ourense, sinalan. Ademáis, lembran que "este centro chegou a gerar 140 postos de traballo para persoas con discapacidade na provincia de Ourense, dentro do sector industrial".

Por iso, considera que as razóns que dan dende Ilunion Ourense, que se escudan na falta de actividade, non son válidas, xa que din, "a propia empresa non fai busca activa de proxectos para o seu Centro de Inserción en San Cibrao das Viñas, tendendo a convertirse nunha mera ETT de servizos a terceiros, mentres que siguen a acollarse ás importantes axudas públicas de que dispoñen os Centros Especiais de Emprego".

Ademáis, lembran a gravidade desta situación pola dificultade das persoas con discapacidade para a inserción no mundo laboral, "de ahí a necesidade de contar en Ourense cun centro especial de empero con postos de traballo ligados ao sector industrial.

Por outra banda, sinalan que 4 dos traballadores despedidos atopábanse en situación de baixa médica, o que dificulta todavía máis a posibilidade de atopar un traballo a curto prazo "nun mundo laboral que en motivos casos ten as portas pechadas para as persoas con discapacidade".

Por iso, o comité de empresa de Ilunion-Ourense insiste na readmisión do persoal e solicita a colaboración coas administración para demandar a continuidade deste centro.