Os nenos e nenas de Allariz poderán ser axudantes dos Reis Magos

OurenseXa
O prazo para anotarse abre este martes, 10 de decembro
campaña-reis-allariz
10 Dec 2024

Os nenos e nenas de Allariz terán este ano a oportunidade de converterse en axudantes dos Reis Magos, unha iniciativa que levará aos máis pequenos do Concello a vivir “unha experiencia inesquecible nesta época tan especial”, explican os organizadores.

Poderán anotarse todos aqueles que teñan entre 6 e 11 anos de idade desde este mesmo martes, 10 de decembro, ata o día 27 de decembro, e as prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

0.18790793418884