Os orzamentos do Concello de Ourense para 2026 quedan aprobados inicialmente tras rematar o plazo para a moción de censura

OurenseXa
Ás 23:59 horas do día de onte concluíu o prazo dun mes previsto pola normativa sen acordo entre os grupos da oposición
Concello de Ourense
23 Jun 2026

Os orzamentos do Concello de Ourense para o ano 2026 quedaron aprobados inicialmente este martes, 23 de xuño, tras rematar o prazo legal establecido sen que os grupos da oposición (PP, PSdeG-PSOE e BNG) presentasen unha moción de censura cun candidato alternativo á Alcaldía.

Ás 23:59 horas do día de one concluíu o prazo dun mes previsto pola normativa sen que se producise esa iniciativa por parte dos grupos da oposición.

Unha vez aprobadas inicialmente as contas, o executivo local remitirá o acordo para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense. A partir dese momento abrirase un período de exposición pública de 15 días hábiles, no que as persoas interesadas poderán examinar o expediente e presentar reclamacións se o consideran oportuno.

No caso de non presentarse alegacións, o orzamento quedaría aprobado de forma definitiva. Se as houbese, o documento volvería ao pleno municipal para a súa resolución e, de ser o caso, a aprobación definitiva.

O proxecto de Orzamento Xeral do Concello de Ourense para o exercicio 2026 ascende a 127.800.000 euros e inclúe as contas do propio Concello, as do organismo autónomo Consello Municipal de Deportes, así como as bases de execución e os anexos de persoal.

0.14910578727722