O Concello desconvoca o Pleno para votar os orzamentos e convoca unha Comisión de Pleno para o martes

OurenseXa
PSOE e BNG presentaron emendas ao proxecto do Goberno municipal de Gonzalo Pérez Jácome
Concello-Ourense-recurso
14 May 2026

O Concello de Ourense desconvocou o Pleno Extraordinario previsto para o vindeiro luns, 18 de maio, no que estaba programado o debate e votación dos orzamentos municipais de 2026. No seu lugar, o Goberno municipal convocou unha Comisión de Pleno para o martes 19 ás 8:30 horas.

O executivo de Gonzalo Pérez Jácome aprobara a finais de abril o proxecto de Orzamento Xeral, unhas contas que inclúen tanto o orzamento do propio Concello como o do Consello Municipal de Deportes, ademais das bases de execución e os anexos de persoal.

O documento contempla un incremento das contas municipais, que pasan dos 116 millóns de euros do exercicio anterior aos 127,8 millóns previstos para 2026. Segundo o goberno local, este aumento permitiría actualizar os custos das distintas áreas municipais e avanzar na licitación de servizos que actualmente se atopan en situación provisional.

A maior parte do orzamento destinaríase a gasto corrente, aínda que tamén se inclúen investimentos. Entre as áreas que rexistran un maior incremento figuran infraestruturas e servizos sociais, con partidas vinculadas á xestión da auga, a limpeza ou a axuda no fogar.

Tras a remisión do proxecto aos grupos municipais, PSOE e BNG presentaron diferentes emendas á proposta orzamentaria.

0.13556289672852