Os populares reclaman unha data para retomar os servizos ferroviarios entre Ourense e Monforte

OurenseXa
"A día de hoxe aínda non finalizaron outras obras de diferentes contratos da liña 810 entre Ourense e Monforte de Lemos”, denuncian dende o PP
Estacion-tren-Monforte
Estación de tren de Monforte
17 sep 2024

Os representantes políticos do PP de Ourense demanadan ao Goberno Central e a ADIF unha data certa de finalización do treito Ourense-Monforte de Lemos: “Somos conscientes das dificultades de traballar neste complexo treito ferroviario entre Ourense-Os Peares-Monforte, e por iso é entendible que haxa unhas razoables desviacións nos prazos comprometidos, pero non tantos incumprimentos repetitivos, máxime cando a circulación ferroviaria está suspendida”, lamenta o popular. “Pero o certo é que a día de hoxe aínda non finalizaron outras obras de diferentes contratos da liña 810 entre Ourense e Monforte de Lemos”, engade.

En xullo de 2023 Adif nunha nota de prensa dicía que “a ampliación do alcance non compromete a finalización do proxecto de renovación integral, pero conlevan a suspensión da circulación ata o último trimestre de 2023. Finalizou 2023 e ADIF anunciou que finalmente estarían acabadas en abril de 2024. Máis tarde, o 26 de abril de 2024 Adif informou na súa web que os danos causados pola climatoloxía invernal nun muro de terraplén, entre as localidades de Santo Estevo do Sil e Os Peares, fan necesario trasladar a apertura do servizo do tramo Ourense-Monforte a finais de setembro.

Neste sentido os populares pregúntanse “despois de varios incumprimentos de prazos, que data compromete ADIF para que se poida retomar a circulación dos servizos ferroviarios na liña 810 entre Ourense e Monforte de Lemos?”.  “Moito nos tememos que no 30 de setembro de 2024 esta liña non estará en condicións de retomar a circulación dos trens e por tanto os servizos ferroviarios seguiranse facendo por estrada”, indican.

0.18412804603577