Os rapaces e rapazas da Asociación Xuvenil Amencer participaron esta fin de semana no “Parlamento infantil”

OurenseXa
A actividade levou aos rapaces ao Salón de Plenos da Deputación de Ourense, onde coñeceron o funcionamento da institución provincial
Parlamento Infantil de Amencer
Parlamento Infantil de Amencer
25 Nov 2024

Os rapaces e rapazas da Asociación Xuvenil Amencer, xunto ao deputado de Representación Institucional da Deputación, Rosendo Luís Fernández, participaron esta fin de semana no “Parlamento infantil” de Amencer que tivo lugar no Salón de Plenos da institución provincial.

Esta actividade divulgativa e participativa busca achegar o funcionamento das institucións públicas aos máis cativos, afianzando así conceptos como o funcionamento dos plenos provinciais ou o labor que desempeña a Deputación, baseada na cooperación cos concellos da provincia. Rosendo Fernández explicoulles estes conceptos e deu resposta a todas as dúbidas que lle expuxeron os participantes nesta actividade, sinalando ademais que “a Deputación, como concello dos concellos que é, ten o seu razón de ser na cooperación institucional”.

Os rapaces e rapazas de Amencer constituíron o seu particular pleno e debateron acerca de diversas propostas que logo formarán parte da programación da asociación xuvenil.

0.15821695327759